Este mes...

A Palavra Perduda
A Palvra Perduda

Livraria Universitária Câmpus Norte
Livros Portugueses

Rua Castanhos 13
Telf: 981 554045 Santiago (Galiza)
email:perduda@interbook.net

Recomenda
Unha selección feita entre as novidades aparecidas este mes.


Publicidade


Se queres pór publicidade na omnibus consulta a nosas tarifas.


Colabora


Se queres colaborar ou dar a túa opinión contacta connosco.



omnibus non se responsabiliza das opinións dadas polos seus colaboradores.

Prohibida a sua distribución con fins comerciais. Se desexa reproducir a páxina nalgún medio de comunicación, consulte primeiro co autor/a.


 
SECCIÓN PATROCINADA POR:



Periferias PERIFERIAS
Carlos Quiroga.

Edicións Laiovento, Santiago de Compostela, 1999.
105 páxinas, Brochado, 21x13 cms, Narrativa Breve. 1.500.-ptas.

Neste libro cóntanse tres experiencias singulares. Tres personaxes à procura de si, deslocándose de barco, moto e avión. Mais, por tras de cada deslocación física hai unha outra viaxe imóbil, e cada vez máis evidente.
Son tres relatos independentes situados em 1499, 1999 e 2099 respectivamente, ligados todos eles pola experiencia da descoberta dunha cultura integradora.
Prémio de narración curta "Ricardo Carvalho Calero".


Pena capital PENA CAPITAL
Mário Cesariny.

Assírio & Alvim, Lisboa, 2ª edição 1999. 233 páxinas, Rústica, 21x15 cms. Poesia. 2.520.-ptas.

Mario Cesariny é un autor fundamental para a literatura portuguesa, tamém portanto para a galega, deste século. Integrante do movimento surrealista português que recentemente foi rescatado do inxusto esquecemento pola editora laiovento, no livro "You are Welcome to Elsinore, antologia da poesia surrealista portuguesa".


Nacionalimso e cultura NACIONALISMO E CULTURA
Amílcar Cabral.

Edicións LaioventoSantiago de Compostela, 1999. 188 páxinas, Rústica, 21x14 cms. Ensaio. 2.250.-ptas

O valor da cultura como resistencia ao dominio estranxeiro reside no facto dela ser a manifestación vigorosa, no plano ideolóxico ou ideallista, da realidade material e histórica da sociedade dominada ou a dominar. Fruto da historia dun pobo, a cultura determina simultaneamente a historia pola influencia positiva ou negativa que exerce sobre a evolución das relacións entre o home e o medio e entre os homes ou grupos humanos no seo dunha sociedade, así como entre sociedades diferentes.


Os saltimbanquis do paraiso OS SALTIMBANQUIS DO PARAÍSO
Xelís de Toro.

Sotelo Blanco, Santiago, 1999. 217 páxinas, Rústica, 21x14 cms. Narrativa. 1.600.-ptas.

Como consecuencia dun asasinato fortuíto, un mozo descendente de galegos que vive nos ambientes marxinais dos squat (casas ocupadas) e os baixos fondos londinenses vese obrigado a fuxir, xunto a uns amigos ingleses, a Galicia. Mentres estes se integran sen moitas dificultades na sociedade galega dunha vila da costa, el sente a necesidade de voltar a Londres, onde inesperadamente se vai atopar coa súa personalidade suplantada, coa súa vida vivida por outro.




asina colabora correo ult.num © revistaomnibus.com